Tipografías



Catull

Gustav Jaeger, 1982

Deseñada polo tipógrafo alemán Gustav Jaeger en 1982 para a fundición Berthold, fíxose moi popular por ser a tipografía empregada por Google para o seu logotipo a partires de 1999. Para a súa...


Caxton

Leslie Usherwood, 1981

Leslie Usherwood, un dos principais tipógrafos de Canadá, deseñou este tipo en 1981 chamándolle Caxton pola primeira imprenta de Inglaterra. Esta romana antiga caracterízase polas pequenas...


Centaur

Bruce Rogers, Frederic Warde, 1928

Tipografía deseñada por Bruce Rogers para o Metropolitan Museum en 1914 e publicada por Monotype en 1929. Está baseada nas letras cortadas polo tipógrafo do século XV Nicolas Jenson. A versión...


Century Gothic

Fundición Monotype, S. XX

Deseñada pola fundición Monotype, esta tipografía xeométrica sen serifa, cun estilo similar á Futura de Paul Renner, está baseada na 20th Century, debuxada por Sol Hess entre 1936 e 1947....


Century Old Style

Morris Fuller Benton, Linn Boyd Benton, 1906

Típica do movemento neorrenacentista de finais do século XIX, Linn Boyd Benton deseñouna en 1894 coma un novo tipo de texto para a American Periodical Century Magazine. Durante os anos 1906 ata...


Century Schoolbook

Morris Fuller Benton, 1921

A primeira Century foi creada en 1984 por Linn Boyd Benton xunto con T. L. De Vinne para a revista “Century Magazine” substituíndo á anterior tipografía, moi pouco adecuada. Esta letra, cun...


Cezanne

Richard Kegler, Michael Want, 1996

Esta tipografía, creada por Michael Want e Richard Kegler para o Museo de Arte de Filadelfia, foi publicada pola fundición P22 en 1996 converténdose nunha das súas tipografías máis populares....


Child's Play

John Critchley, 1993

Creada por John Critchley en 1993 para a fundición FontFont, esta orixinal tipografía infantil posúe seis variantes, creadas con rotuladores de grosores dispares, que comprenden a escritura...


Chúcara

Juan Pablo de Gregorio, 2003

Creada en 2003 polo deseñador chileno Juan Pablo de Gregorio, esta tipografía forma parte do proxecto presentado na Escola de Deseño da Pontificia Universidade Católica de Chile para conseguir o...


Clairvaux

Herbert Maring, 1991

Esta tipografía, deseñada por Herbert Maring en 1991, forma parte do programa de Linotype “Type before Gutenberg”, que recolle o traballo de doce deseñadores contemporáneos...


Clarendon

William Thorowgood, 1845

Deseñada por William Thorowgood en 1845 para a Robert Besley & Co, o seu nome débese á Clarendon Press de Oxford. Nun principio foi creada como tipografía para titulares, complemento das letras...


Comic Sans

Vincent Connare, 1995

Quizais sexa a tipografía máis odiada da historia, non por falta de calidade senón polo mal uso e a frecuencia abusiva con que se empregou. Tanto que incluso existen varias asociacións en contra...


Commercial Script

Morris Fuller Benton, 1908

A orixe desta tipografía data de 1908, nun deseño que Morris Fuller Benton desenvolveu para a American Type Founders e que se converteu nun estándar para a industria tipográfica. Esta...


Consolas

Microsoft, 2004

Deseñada en 2004 por Microsoft, trátase dunha tipografía monoespazada pensada exclusivamente para programación. Optimizada para a tecnoloxía ClearType que permite unha mellor lectura en...


Constantia

John Hudson, 2003

Deseñada por John Hudson en 2003 para Microsoft, esta tipografía ven de serie no sistema operativo Windows Vista e no paquete de ofimática Office 2007. Trátase dunha romana moi fermosa e...


Coolvetica

Ray Larabie, 1999

Tipografía gratuíta creada polo deseñador canadense Ray Larabie en 1999. Trátase dunha interpretación persoal da Helvética de Max Miedinger que tanto se empregou dende a década de 1960 ata a...


Copperplate Gothic

Frederic W. Goudy, 1901

Deseñada por Frederic W. Goudy en 1901 para a American Typefounders (ATF), debe a súa orixe ás letras ciceladas en pedra aínda que a súa forma tan peculiar fai que resulte moi difícil...


Corbel

Jeremy Tankard, 1994

Creada en 1994 polo deseñador inglés Jeremy Tankard baixo encargo de Microsoft, forma parte do paquete de tipografías que acompañan ao sistema operativo Windows Vista. Está deseñada...


Corsiva

Fundición Monotype, S. XX

A Corsiva foi creada pola fundición Monotype baixo o encargo de Microsoft como substituta da Zapf Chancery de Hermann Zapf. Igual que esta, moitas outras tipografías famosas tiveron a súa...


Courier

Howard G. Kettler, 1955

Unha das tipografías máis coñecidas do mundo, a Courier foi creada por Howard G. Kettler en 1955 para IBM. Estaba destinada a máquinas de escribir polo que os seus caracteres ocupan todos o...


Dada

Richard Kegler, 1995-1998

O movemento dadaísta, inicialmente literario e antibélico, ao aparecer en Zúrich a mediados da I Guerra Mundial, tamén tivo un gran interés dende o punto de vista tipográfico. Nas poesías de...


Dante

Giovanni (Hans) Mardersteig, 1955

En 1955 o tipógrafo alemán Hans Mardersteig (que en 1937 italianizara o seu nome cambiándoo polo de Giovanni) concibiría esta fermosa tipografía en colaboración co punzonista francés Charles...


Delicious

Jos Buivenga, 1996

Tipografía creada polo deseñador nacido en Güeldres (Países Baixos) Jos Buivenga. Tardou dous anos en facela (dende 1994 ata 1996) e distribúea de maneira gratuíta tanto para uso personal como...


Didot

Firmin Didot, 1783

Foi deseñada por Firmin Didot en 1783. Naquel tempo e durante cen anos, varios membros da familia Didot traballaron en París como deseñadores, algúns tamén eran impresores, tipógrafos,...


DIN 1451

Fundición Linotype, S. XX

As letras DIN fan referencia ao Deutsches Institut für Normung (Instituto alemán de estándares industriais). En 1936 foi declarada polo Comité alemán de estándares como a tipografía para as...


Dirty Ego

Eduardo Recife, 2001

Creada polo deseñador, fotógrafo, ilustrador e artista brasileiro Eduardo Recife en 2001, esta tipografía acadou unha gran popularidade debido á súa aparencia sucia, misturada con elementos de...


Dom Casual

Peter Dombrezian, 1952

Tipografía caligráfica creada polo deseñador estadounidense Peter Dombreizan en 1952 para a American Type Founders. Esta letra informal e lixeiramente condensada ten uns trazos parecidos aos...


Duc de Berry

Gottfried Pott, 1990

Gótica deseñada en 1990 por Gottfried Pott para unha serie de tipografías lanzadas por Linotype baixo o título “Tipografías antes de Gutenberg”. Está inspirada nas letras francesas...


Egyptienne

Adrian Frutiger, 1956

Deseñada en 1956 por Adrian Frutiger, creador de máis de 30 tipografías, a Egyptienne foi a primeira letra de texto creada expresamente para fotocomposición e impresión por litografía offset e...


Epokha

Colin Brignall, 1992

Orixinal tipografía de estilo exipcio creada por Colin Brignall, director tipográfico de Letraset, en 1992. O seu deseño xeométrico e robusto está inspirado polos carteis dos anos 10 e 20...


Eras

Albert Boton, Albert Hollenstien, 1976

A primeira versión desta tipografía foi cortada pola fundición Wagner en 1969 para o Studio Hollenstein en París. En 1976 os deseñadores franceses Albert Boton e Albert Hollenstein crearon unha...


Eroxion

Eduardo Manso, 1997

Tipografía creada polo deseñador arxentino Eduardo Manso para a fundición Bitstream en 1997. A súa forma compacta e os seus trazos grosos unido a un tratamento erosivo outórgalle unha forte...


Estación

José Anibal Soto Buzzetti, Luis Antonio Rojas Herrera, 1999

Tipografía nacida como parte do proxecto “Tipografías Urbano Populares Chilenas” que pretende rescatar das rúas de Chile aquelas letras pintadas manualmente e que abarcan todo tipo de...


Eurostile

Aldo Novarese, 1962

En 1952, Aldo Novarese e Alessandro Butti deseñaron para a fundición Nebiolo a tipografía Microgramma, que gozaría dunha gran popularidade como letra de exhibición e publicidade, aínda que só...


Exocet

Jonathan Barnbrook, 1991

Creada polo deseñador inglés Jonathan Barnbrook en 1991 para a fundición Emigre, o seu nome parece unha broma de humor negro aínda que en realidade está inspirada nos rótulos gregos labrados...


Fairfield

Rudolph Ruzicka, 1940

A Fairfield orixinal data de mediados do século XX. Rudolph Ruzicka, un artista e ilustrador, deseñou os pesos Light (1940) e Medium (1949) para a fundición Linotype. Trátase dunha atractiva...


Felix Titling

Felice Feliciano, 1463

O pintor, compositor e calígrafo Felice Feliciano, nacido en Verona, Italia, en 1433 foi o creador dun notable alfabeto caligráfico de estilo romano en 1463 utilizado no tratamento das súas...


Fertigo

Jos Buivenga, 2006

Deseñada en 2006 por Jos Buivenga, trátase dunha curiosa tipografía cun certo toque caligráfico e informal que lle da unha aparencia alegre e amigable. Aínda que a familia está composta por...


Fette Fraktur

Anónimo, 1875

Tipografía publicada en 1875 pola fundición C.E. Weber e pensada para ser utilizada en titulares de libros, periódicos e anuncios. Fette Fraktur (que significa “Negriña fracturada”)...


Filosofia

Zuzana Licko, 1996

Deseñada por Zuzana Licko e publicada pola fundición Emigre en 1996, a súa primeira aparición foi no cartel que Massimo Vignelli creou para a promoción desta tipografía. Nese cartel aparecía...


Fixedsys

Microsoft, 1983

Desenvolvida por Microsoft, foi a primeira tipografía que utilizou o sistema operativo Windows. Estaba deseñada en mapa de bits polo que non se podía escalar. O seu nome deriva de “fixed...


Flood

Joachim Müller-Lancé, S. XX

Esta tipografía foi creada polo deseñador suízo Joachim Müller-Lancé. As súas formas xunto cos trazos feitos con pincel fan dela unha letra moi singular. O seu fluxo natural, dinámico e...


Folio

Walter Baum, Konrad F. Bauer, 1957

Deseñada por Konrad F. Bauer e Walter Baum no ano 1957, foi publicada en varios pesos e tamaños pola fundición Bauer durante os anos 1957 ata o 1962. Foi deseñada na mesma época que a...


Fontin Sans

Jos Buivenga, 2007

Esta tipografía deseñada por Jos Buivenga é unha versión sen serifas da Fontin, tamén desenvolvida por el e que conta con pequenas serifas na parte superior e unha aparencia máis caligráfica....


Formata

Bernd Möllenstädt, 1980-1984

Tipografía deseñada por Bernd Möllenstädt para a fundición Berthold durante os anos 1980 a 1984. Bernd sucedería a Günter Gerhard Lange como director tipográfico da fundición en 1991. Este...


Fournier

Pierre Simon Fournier, 1742

Esta tipografía creada por Monotype en 1924, está baseada nos tipos cortados en 1742 por Pierre Simon Fournier, uns dos deseñadores máis influentes do século XVIII. A maior aportación deste...


Franklin Gothic

Morris Fuller Benton, 1904

Deseñada por Morris F. Benton para a American Type Founders Company, é unha das tipografías sen serifas máis populares e unha das máis usadas dentro do estilo grotesco. En realidade é unha...


French Script

Fundición Monotype, 1989

Este deseño realizado polo equipo de deseño de Monotype en 1989 está baseado na escritura francesa, manual ou gravada, empregada do século XIX para avisos e invitacións formais. O tipo foi...


Frutiger

Adrian Frutiger, 1976

A orixe desta tipografía débese ao encargo que recibiu Adrián Frutiger en 1968 para deseñar un sistema de sinalización acorde coa arquitectura do novo aeroporto de Charles de Gaulle ás aforas...


Futura

Paul Renner, 1928

A Futura foi a tipografía de máis éxito da era Bauhaus e unha das máis famosas do século XX. Aínda que non había unha relación directa entre Paul Renner e a Bauhaus, a súa tipografía,...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.