Humanísticas

Están baseadas nas proporcións das inscricións romanas maiúsculas e na escritura manual de caixa baixa dos humanistas renacentistas. Os grosores dos trazos non son uniformes e presentan unha certa modulación.


Abadi

Ong Chong Wah, 1987

Deseñada en 1987 polo deseñador malaio Ong Chong Wah, esta tipografía comparte características de tipos humanistas como a Gill Sans con estilos máis lineais e ríxidos. Esta mestura convértena...


Antique Olive

Roger Excoffon, 1963

Tipografía creada polo deseñador de carteis Roger Excoffon, que primeiro fixo as variantes Nord e Nord Italic en 1960 para o seu uso en publicidade e carteis. Os pesos Bold e Compact foron...


Britannic

Wagner & Schmidt, 1901

Deseñada por Wagner & Schmidt en 1901 para a antiga fundición británica Stephenson Blake, trátase dunha tipografía sen serifas cun marcado contraste entre paus finos e grosos, especialmente nas...


Calibri

Luc(as) de Groot, 2005

Deseñada en 2005 polo holandés Luc(as) de Groot, foi un encargo de Microsoft para formar parte dun novo grupo de tipografías acompañando ao seu sistema operativo Windows Vista e a suite...


Candara

Gary Munch, 2004

Deseñada por Gary Munch en 2004, foi un encargo de Microsoft para formar parte do novo paquete tipográfico que ven co sistema operativo Windows Vista e a suite Office 2007. Trátase dunha...


Delicious

Jos Buivenga, 1996

Tipografía creada polo deseñador nacido en Güeldres (Países Baixos) Jos Buivenga. Tardou dous anos en facela (dende 1994 ata 1996) e distribúea de maneira gratuíta tanto para uso personal como...


Eras

Albert Boton, Albert Hollenstien, 1976

A primeira versión desta tipografía foi cortada pola fundición Wagner en 1969 para o Studio Hollenstein en París. En 1976 os deseñadores franceses Albert Boton e Albert Hollenstein crearon unha...


Fontin Sans

Jos Buivenga, 2007

Esta tipografía deseñada por Jos Buivenga é unha versión sen serifas da Fontin, tamén desenvolvida por el e que conta con pequenas serifas na parte superior e unha aparencia máis caligráfica....


Formata

Bernd Möllenstädt, 1980-1984

Tipografía deseñada por Bernd Möllenstädt para a fundición Berthold durante os anos 1980 a 1984. Bernd sucedería a Günter Gerhard Lange como director tipográfico da fundición en 1991. Este...


Frutiger

Adrian Frutiger, 1976

A orixe desta tipografía débese ao encargo que recibiu Adrián Frutiger en 1968 para deseñar un sistema de sinalización acorde coa arquitectura do novo aeroporto de Charles de Gaulle ás aforas...


Gill Sans

Eric Gill, 1931

Tipografía sen serifa cunhas proporcións baseadas nas romanas antigas e tamén influída polo tipo que Edward Johnston, un antigo profesor del, deseñou para o metro de Londres. As súas raíces...


Humanist 521

Fundición Bitstream, S. XX

Publicada pola fundición Bitstream, trátase dunha versión da Gill Sans creada por Eric Gill en 1931. Esta tipografía sen serifa de estilo humanista posúe unhas proporcións clásicas que lle...


Humanist 777

Fundición Bitstream, S. XX

Versión creada por la fundición Bitstream da tipografía Frutiger, deseñada por Adrian Frutiger en 1976. Esta pao seco, de estilo humanista, funciona perfectamente tanto a tamaños pequenos coma...


Humanist 970

Fundición Bitstream, S. XX

Esta tipografía, creada pola fundición Bitstream, está baseada na Adsans, deseñada por Walter Tracy en 1959 para Linotype. A súa gran altura do “x” e a boa separación existente entre os...


Johnston Underground

Edward Johnston, 1916

Esta lendaria tipografía sen serifa foi deseñada por Edward Johnston en 1916 para o sistema de sinalización da London Underground Railways (compañía de metro de Londres) baixo o encargo de...


Lacuna

Peter Hoffmann, 2001

Tipografía gratuíta deseñada por Peter Hoffmann en 2001 e utilizada por primeira vez no libro Index Schrift de Ralf Hermann. Cun estilo inspirado nas letras dos carteis das estradas, trátase...


Lucida Sans

Kris Holmes, Charles Bigelow, 1985

Kris Holmes e Charles Bigelow deseñaron esta tipografía en 1985, pertencente á macro familia Lucida que xunto con esta de pao seco, tamén inclúe outras variantes como a Lucida Bright (con...


Maiandra

Dennis Pasternak, 1994-2002

Deseñada por Dennis Pasternak entre os anos 1994 e 2002 para a fundición dixital Galápagos Design, situada en Massachusetts, Estados Unidos. Está inspirada nas letras manuscritas creadas por...


Myriad

Robert Slimbach, Carol Twombly, 1992

Esta tipografía foi deseñada por Robert Slimbach e Carol Twombly xunto con Fred Brady, Christopher Slye e o persoal de deseño de Adobe no ano 1992. Posúe unha lexibilidade, calidez e comodidade...


Ocean Sans

Ong Chong Wah, 1993

Foi deseñada en 1993 por Chong Wah de Monotype. Esta inusual tipografía sen serifa debido ao seu pronunciado contraste entre paus finos e grosos fai dela unha boa opción para titulares,...


Optima

Hermann Zapf, 1958

Trátase dunha tipografía moi elegante e lexible, mestura entre a obxectividade dos tipos de pao seco e o estilo e claridade das letras con serifas. Foi creada por Hermann Zapf para a Fundición...


Rotis Sans Serif

Otl Aicher, 1989

Esta tipografía forma parte da macro familia Rotis, formada por 4 subfamilias: Rotis Sans Serif, Rotis Semi Sans, Rotis Semi Serif e Rotis Serif. Foi o último deseño do alemán Otl Aicher, creado...


Rotis Semi Sans

Otl Aicher, 1989

Esta tipografía forma parte da macro familia Rotis, composta pola Rotis Serif, Rotis Sans Serif, Rotis Semi Serif e Rotis Semi Sans. Foi creada por Otl Aicher en 1989 e pódese considerar como a...


Shannon

Janice Prescott, Kris Holmes, 1982

Deseñada en 1982 por Kris Holmes e Janice Prescott para Compugraphic, esta tipografía é unha sen serifa humanista, cuns trazos lixeiramente máis anchos nos remates que recordan á Optima. A súa...


Stone Sans

Sumner Stone, 1987

Tipografía deseñada por Sumner Stone en colaboración con Bob Ishi de Adobe en 1987. Tanto o apelido Stone en inglés como Ishi en xaponés significan “pedra” polo que non houbo ningún tipo...


Syntax

Hans Eduard Meier, 1968

Deseñada polo tipógrafo suízo Hans Eduard Meier, Syntax está baseada na escritura minúscula do renacemento e nas capitulares lapidarias romanas cun tratamento racionalista inusual. Esta...


The Sans

Luc(as) de Groot, 1994

Esta tipografía deseñada por Luc(as) de Groot pertence a unha macro familia chamada Thesis, formada por tres familias distintas: TheSans, TheSerif e TheMix. Orixinalmente chamada...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.