Francesas

As exipcias de estilo francés caracterízanse por posuír unha relación entre as serifas e os trazos de tipo angular. Foron as primeiras exipcias en aparecer e os seus remates son densos e rectangulares.


Calvert

Margaret Calvert, 1980

Interpretación contemporánea realizada por Monotype en 1980 da tipografía deseñada por Margaret Calvert para o sistema de sinalización da Britain’s Tyne e o Wear Metro de Newcastle, Reino...


Epokha

Colin Brignall, 1992

Orixinal tipografía de estilo exipcio creada por Colin Brignall, director tipográfico de Letraset, en 1992. O seu deseño xeométrico e robusto está inspirado polos carteis dos anos 10 e 20...


Glypha

Adrian Frutiger, 1977

Igual que a Serifa, esta tipografía creada por Adrian Frutiger en 1977 está baseada nas formas básicas da Futura. A principal diferenza entre a Glypha e a Serifa é a maior altura da primeira que...


HoTom

Thomas Hoffman, 1994

Tipografía que forma parte da Take Type Library de Linotype. Esta colección contén as tipografías gañadoras do Linotype’s International Digital Type Design Contest (Concurso Internacional de...


Lubalin Graph

Herb Lubalin, 1974

Esta tipografía, deseñada por Herb Lubalin en 1974, está baseada na Avant Garde, creada polo propio Lubalin catro anos antes. A única diferencia entre as dúas está nas serifas engadidas na...


Memphis

Rudolf Wolf, 1930

Creada en 1930 polo Dr. Rudolf Wolf para a fundición Stempel, a tipografía Memphis foi unha das primeiras recuperacións dos alfabetos exipcios despois de que gozaran de gran popularidade na...


Rockwell

Anónimo, S. XX

A versión orixinal desta tipografía foi creada pola fundición Inland en 1910 baixo o nome de Litho Antique. A American Type Founders recuperouna nos anos 20 cando Morris Fuller Benton lle engadiu...


Serifa

Adrian Frutiger, 1967

Deseñada en 1967 por Adrian Frutiger para a Fundición Bauer, esta tipografía está baseada na Univers, creada polo mesmo Frutiger en 1954. Por esta razón a Serifa é unha das tipografías...


The Serif

Luc(as) de Groot, 1994

Deseñada por Luc de Groot, esta tipografía forma parte da macro familia Thesis, xunto coa TheSans e TheMix. As tres familias están deseñadas para convivir entre elas en calquera deseño coa...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.