Art Noveau

Estilo sinuoso e ornamentado con motivos naturais que se estendeu en Europa do 1895 ata 1910 aproximadamente. Tamén é coñecido en España como Modernismo, Sezession en Austria, Jugendstil en Alemaña ou Stile Floreale en Italia.


Arnold Boecklin

Otto Weisert, 1904

Deseñada en 1904 por Schriftgiesserei Otto Weisert, esta tipografía de estilo Art Noveau evoca os cafés ao aire libre de principios do século XX. Provista de formas redondeadas e ornamentos...


Benguiat

Edward Benguiat, 1977

Creada en 1977 polo deseñador de Nova York Ed Benguiat para a fundición ITC, trátase dunha tipografía bastante inusual, con grandes influencias do Art Noveau combinada con formas romanas...


Kolo

Paul Shaw, S. XX

A Sezession foi un movemento formado en Viena en 1897 que contaba con membros como Gustav Klimt ou Koloman Moser e que evolucionaría ata formar en 1903 o Wiener Werkstäte (O Taller Vienés)...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.