Neohumanísticas

Aparecidas na década de 1990, son tipografías creadas con gran rigor funcional, moi lexibles e flexibles. O deseño da Meta a mans de Erik Spiekermann foi clave para o nacemento deste novo estilo. Son apropiadas para proxectos sofisticados como identidades corporativas ou sinalización. A súa estética tende cara a neutralidade pero con proporcións clásicas.


Calibri

Luc(as) de Groot, 2005

Deseñada en 2005 polo holandés Luc(as) de Groot, foi un encargo de Microsoft para formar parte dun novo grupo de tipografías acompañando ao seu sistema operativo Windows Vista e a suite...


Gerstner

Karl Gerstner, 1987

Publicada pola fundición Berthold, esta tipografía foi creada en 1987 por Karl Gerstner, nacido en 1930 e un dos artistas suízos máis importantes da súa xeración. Cun estilo suízo simple e...


Kievit

Mike Abbink, 2001

Tipografía sen serifa creada por Mike Abbink en 2001. A súa aparencia lisa e neutral foi coidadosamente deseñada, facéndoa moi versátil e apropiada para infinidade de aplicacións. Posúe una...


Meta

Erik Spiekermann, 1993

Creada por Erik Spiekermann entre os anos 1991 ata 1998, trátase dunha tipografía clave na década dos 90. Obtivo gran popularidade rapidamente e incluso se referiu a ela como a Helvetica dos anos...


Mt

Erik Spiekermann, 2005

Curiosa tipografía creada por Erik Spiekermann en 2005 e distribuida pola fundición FontFont de forma gratuita. A súa principal característica é a de ser a tipografía máis económica de...


Officina Sans

Erik Spiekermann, 1990

Deseñada en 1990 por Erik Spiekermann como a tipografía ideal para unha comunicación eficiente nos impresos de oficinas e empresas, pronto se fixo moi popular en moitas máis áreas. A familia...


Politica

Alejandro Paul, 2004

Creada por Alejandro Paul en 2004 e publicada polo colectivo arxentino Sudtipos, trátase dunha tipografía de pao seco deseñada tendo en conta os tempos que corren dende un punto de vista...


Profile

Martin Wenzel, 1999

Creada polo deseñador alemán Martin Wenzel en 1999 para FontFont. Segundo Wenzel “quixen facer unha tipografía seria, por iso me trasladei dende Berlín a estudiar tipografía e deseño...


The Sans

Luc(as) de Groot, 1994

Esta tipografía deseñada por Luc(as) de Groot pertence a unha macro familia chamada Thesis, formada por tres familias distintas: TheSans, TheSerif e TheMix. Orixinalmente chamada...


Vera Sans

Jim Lyles, 2003

Tipografía de licenza libre que forma parte da macrofamilia Vera, formada por Vera Serif, Vera Sans e Vera Sans Mono. Foi deseñada por Jim Lyles para Bitstream e está baseada na Prima, tamén...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.