Punk

A cultura punk, aparecida na década de 1960, posúe unha ideoloxía asociada coa anarquía, antimilitarismo ou antifascismo. A súa estética, relacionada con tipografías sucias e impresos de mala calidade e baixa resolución, ten un aspecto forte e cru


Angst

Jürgen Huber, 1997

Esta tipografía publicada pola fundición FontFont en 1997 forma parte da súa colección “FF Dirty Faces”, volume 6. Foi deseñada por Jürgen Huber para usar na cuberta do cassette...


Dirty Ego

Eduardo Recife, 2001

Creada polo deseñador, fotógrafo, ilustrador e artista brasileiro Eduardo Recife en 2001, esta tipografía acadou unha gran popularidade debido á súa aparencia sucia, misturada con elementos de...


Eroxion

Eduardo Manso, 1997

Tipografía creada polo deseñador arxentino Eduardo Manso para a fundición Bitstream en 1997. A súa forma compacta e os seus trazos grosos unido a un tratamento erosivo outórgalle unha forte...


Graffio

Alessio Leonardi, 1995

Alfabeto creado polo deseñador, tipógrafo e artista italiano Alessio Leonardi en 1995 para a fundición FontFont. Segundo Leonardi, “fíxena despois de ir ó cine a ver Asasinos Natos...


Masapunk

Jko Contreras, 2003

Esta foi a primeira tipografía lanzada pola Cooperativa de Fundición Tipográfica (CFT) en outubro de 2003. A CFT pertence ao Sindicato de la Imagen, unha asociación chilena nacida para calmar a...


Tibetan Beefgarden

Brian J. Bonislawsky, 1998

Creada en 1998 polo deseñador estadounidense Brian J. Bonislawsky, trátase dunha dixitalización da letra manuscrita de Sirbo Turbo, vocalista e guitarrista do grupo Kreamy ‘Lectric Santa....


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.