Antigas

Foron deseñados durante os séculos XVI e XVII. Tamén se coñecen como "Old Face" ou "Garaldas". Caracterízanse pola modulación oblicua, contraste medio, trazos terminais máis lixeiros que os tipos Humanísticos e peso e cor medio.


Aldine 401

Fundición Bitstream, S. XX

Este abecedario, publicado pola fundición Bitstream, é unha versión da Bembo de Francesco Gliffo, unha das tipografías romanas antigas máis importantes xunto coa Garamond. A súa aparencia...


Aldus

Hermann Zapf, 1954

Deseñada por Hermann Zapf en 1954 para a fundición Stempel, esta tipografía estaba pensada nun principio para complementar a Palatino. Esta fora creada orixinalmente para ser empregada en...


Bembo

Francesco Griffo, 1495

Os orixes desta tipografía datan do ano 1495. A imprenta de Aldus Manutius, en Venecia, utilizou esta romana deseñada por Francesco Griffo para imprimir “De Aetna”, libro de Pietro Bembo onde...


Book Antiqua

Fundición Monotype, S. XX

Esta tipografía foi creada por Monotype baixo o encargo de Microsoft. Ven incluída por defecto no sistema operativo Windows e no paquete de ofimática Microsoft Office. É unha copia case exacta...


Calisto

Ron Carpenter, S. XX

Tipografía romana moi lexible creada polo deseñador inglés Ron Carpenter cando traballaba para Monotype Imaging. As súas proporcións clásicas xunto cun tratamento caligráfico moi sutil...


Cardo

David J. Perry, 2004

Esta tipografía de licenza gratuíta foi creada por David J. Perry pensando especificamente nas necesidades de lingüistas, estudosos medievais, bíblicos e clásicos. Grazas ao seu formato Unicode...


Caxton

Leslie Usherwood, 1981

Leslie Usherwood, un dos principais tipógrafos de Canadá, deseñou este tipo en 1981 chamándolle Caxton pola primeira imprenta de Inglaterra. Esta romana antiga caracterízase polas pequenas...


Chúcara

Juan Pablo de Gregorio, 2003

Creada en 2003 polo deseñador chileno Juan Pablo de Gregorio, esta tipografía forma parte do proxecto presentado na Escola de Deseño da Pontificia Universidade Católica de Chile para conseguir o...


Constantia

John Hudson, 2003

Deseñada por John Hudson en 2003 para Microsoft, esta tipografía ven de serie no sistema operativo Windows Vista e no paquete de ofimática Office 2007. Trátase dunha romana moi fermosa e...


Dante

Giovanni (Hans) Mardersteig, 1955

En 1955 o tipógrafo alemán Hans Mardersteig (que en 1937 italianizara o seu nome cambiándoo polo de Giovanni) concibiría esta fermosa tipografía en colaboración co punzonista francés Charles...


Galliard

Matthew Carter, 1981

Deseñada por Matthew Carter, trátase dunha adaptación contemporánea dos deseños tipográficos de Robert Granjon, un tipógrafo do século XVI, cuxas tipografías contaban cunha gran...


Garamond

Claude Garamond, S. XVI

Unha das tipografías máis estendidas e influentes da historia e tamén unha das mellores romanas xamais creadas foi a deseñada por Claude Garamond no século XVI en Francia. Foi votada como a...


Gentium

Victor Gaultney, 2001

Unha das primeiras tipografías coa licenza OFL (Open Font License, Licencia de tipografía aberta), creada especificamente para potenciar o nacemento e crecemento dunha verdadeira comunidade...


Goudy

Frederic W. Goudy, 1915

Deseñada en 1915, é a vixésimo quinta tipografía de Frederic W. Goudy e a primeira que crea para a American Type Founders. Trátase dun tipo romano antigo, un dos mellores deseños coñecidos de...


Granjon

George William Jones, 1928

Deseñada en 1928 por George William Jones, usouse de base un tipo cortado por Claude Garamond utilizado nun libro impreso pola Parisian Jean Poupy en 1592. Como naquel tempo había moitas outras...


Ibarra

Joaquín Ibarra y Marín, 1770

Joaquín Ibarra y Marín, nacido en Zaragoza en 1709, foi un dos grandes impresores españois da historia. Recoñecido a nivel nacional e internacional, foi o impresor de cámara de Carlos III. A...


Life

Francesco Simoncini, 1965

Tipografía deseñada por Francesco Simoncini en 1965 que mestura elementos das tipografías antigas e transicionais. Foi pensada para ser usada en soportes onde a calidade de impresión fose baixa...


Meridien

Adrian Frutiger, 1957

Tipografía deseñada por Adrian Frutiger a mediados dos anos cincuenta do século XX e lanzada pola fundición francesa Deberny & Peignot en 1957. Frutiger inspirouse nos caracteres do século XVI...


Minion

Robert Slimbach, 1990

Inspirada nas tipografías antigas do renacemento tardío, esta tipografía deseñada por Robert Slimbach en 1990 para Adobe conserva a beleza, elegancia e lexibilidade propia dos deseños desa...


Palatino

Hermann Zapf, 1948

Unha das tipografías máis admiradas e usadas de Hermann Zapf. Deseñouna en 1948 baseándose nas formas clásicas do renacemento italiano. En 1950 foi cortada por August Rosenberger para a...


Plantin

Frank Hinman Pierpon, 1914

A tipografía Plantin foi deseñada por Frank Hinman Pierpont en 1914 e foi chamada así pola imprenta que Christophe Plantin estableceu en Amberes e en cuxos tipos se baseou. Sobre todo nos...


Sabon

Jan Tschichold, 1967

Foi deseñada por Jan Tschichold en 1964 e producida simultaneamente por tres fundicións: D. Stempel AG, Linotype e Monotype en resposta á demanda existente polas principais imprentas alemás dun...


Spectrum

Jan van Krimpen, 1952

A Spectrum está baseada na tipografía creada polo gran tipógrafo holandés Jan van Krimpen durante os anos 1941 a 1943 para usar na impresión dunha Biblia da editorial Spectrum, situada en...


Times New Roman

Stanley Morison, 1931

En 1931, despois de que Stanley Morison escribira un artigo criticando ó periódico The Times por estar mal impreso e tipograficamente anticuado, foi contratado para deseñar unha nova tipografía...


Warnock

Robert Slimbach, 2000

Esta tipografía deseñada por Robert Slimbach en 2000 para Adobe foi creada na honra de John Warnock, co-fundador de Adobe Systems cun espírito visionario que acadou os maiores avances...


Weiss

Emil Rudolf Weiss, 1926

Deseñada por Emil Rudolf Weiss en 1926 para a fundición Bauer de Frankfurt, esta tipografía está inspirada nas letras creadas na época do renacemento en Italia. Foi unha das primeiras...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.