Transicionais

Apareceron a finais do século XVII. Foron as primeiras tipografías deseñadas sobre unha cuadrícula. A modulación é vertical ou case vertical, os remates angulosos e encadrados e o contraste entre paus é medio-alto.


Americana

Richard Isbell, 1965

Tipografía deseñada polo tipógrafo Richard Isbell en 1965 para a American Type Founders en homenaxe ao bicentenario dos Estados Unidos, de aí o seu nome. Esta romana de estilo transicional...


Baskerville

John Baskerville, S. XVIII

Tipografía deseñada no século XVIII por John Baskerville, un tipógrafo inglés dotado dunha gran delicadeza, elegancia e claridade no deseño de tipos e composicións das páxinas. A excelente...


Bell

Richard Austin, 1788

Tipografía deseñada por Richard Austin en 1788 cando traballaba para a John Bell’s British Type Foundry. Está inspirada nas tipografías modernas daquela época como a Didot francesa,...


Bookman

Alexander C. Phemister, 1858

A orixe da Bookman data de 1858, dun deseño de Alexander C. Phemister para a fundición Miller & Richard en Edimburgo, Escocia, chamado Oldstyle Antique. Foi deseñada para ser unha alternativa á...


Caslon

William Caslon, 1725

A primeira tipografía Caslon foi deseñada en 1725 polo inglés William Caslon. As súas influencias foron os deseñadores holandeses Christoffel van Dijcks e Dirck Voskens. Trátase dunha...


Fournier

Pierre Simon Fournier, 1742

Esta tipografía creada por Monotype en 1924, está baseada nos tipos cortados en 1742 por Pierre Simon Fournier, uns dos deseñadores máis influentes do século XVIII. A maior aportación deste...


Janson

Nicholas Kis, 1690

A tipografía Janson foi erroneamente atribuída a Anton Janson, un cortador de tipos holandés que traballou en Leipzig no século XVII, de aí o seu nome. En realidade, está baseada nas matrices...


Life

Francesco Simoncini, 1965

Tipografía deseñada por Francesco Simoncini en 1965 que mestura elementos das tipografías antigas e transicionais. Foi pensada para ser usada en soportes onde a calidade de impresión fose baixa...


Perpetua

Eric Gill, 1928

Deseñada a principios do século XX foi a tipografía romana máis popular das creadas por Eric Gill. Tratase dunha adaptación dun estilo de letra utilizado para gravar na pedra nalgúns...


Stone Serif

Sumner Stone, 1988

A Stone Serif foi deseñada por Sumner Stone en colaboración con Bob Ishi de Adobe. Esta familia pertence a unha gran familia superior chamada Stone, que consta das subfamilias Sans, Informal e...


Utopia

Robert Slimbach, 1989

Deseñada por Robert Slimbach en 1989 para Adobe, está inspirada nas tipografías transicionais do século XVIII como a Baskerville ou a Walbaum, pero ao mesmo tempo combinada con detalles máis...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.