Modernas

Apareceron no século XVIII grazas aos avances tecnolóxicos que permitiron un maior refinamento na creación de tipos. Destacan polo forte contraste entre o grosor dos paus, modulación vertical e os remates horizontais.


Bell

Richard Austin, 1788

Tipografía deseñada por Richard Austin en 1788 cando traballaba para a John Bell’s British Type Foundry. Está inspirada nas tipografías modernas daquela época como a Didot francesa,...


Bodoni

Giambattista Bodoni, 1790

Tipografía clave dentro do estilo moderno aparecido a finais do século XVIII e que supón a culminación de 300 anos de evolución da tipografía romana. O seu deseñador, Giambattista Bodoni...


Didot

Firmin Didot, 1783

Foi deseñada por Firmin Didot en 1783. Naquel tempo e durante cen anos, varios membros da familia Didot traballaron en París como deseñadores, algúns tamén eran impresores, tipógrafos,...


Fairfield

Rudolph Ruzicka, 1940

A Fairfield orixinal data de mediados do século XX. Rudolph Ruzicka, un artista e ilustrador, deseñou os pesos Light (1940) e Medium (1949) para a fundición Linotype. Trátase dunha atractiva...


Filosofia

Zuzana Licko, 1996

Deseñada por Zuzana Licko e publicada pola fundición Emigre en 1996, a súa primeira aparición foi no cartel que Massimo Vignelli creou para a promoción desta tipografía. Nese cartel aparecía...


Onyx

Gerry Powell, 1937

Tipografía deseñada en 1937 polo deseñador industrial e tipógrafo Gerry Powell para a American Type Founders que acadou unha gran popularidade na década de 1940. En 1955 foi publicada de novo...


Walbaum

Justus Erich Walbaum, 1800

Tipografía cortada orixinariamente por Justus Erich Walbaum en Weimar alá polo ano 1800. Era a versión alemá das grandes tipografías modernas europeas como a Bodoni e a Didot, e comparte moitas...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.